Vídeo

Elena Rial gañadora Debut 2013

11 Dec
Vídeo

Workshops Debut13

11 Dec
Imaxe

Debut 2013

13 Nov

Debut 2013

21noviembre13

Falta poco!

Buscamos modelos Debut13

23 Out

Aqueles que esteades interesados en participar como MODELOS na próxima edición de DEBUT, podedes pasar polo despacho de ESDEMGA en horario de 9.30 a 14.00 para facer a ficha ou actualizar os datos. Se queredes podedes adelantar esta ficha e enviala a info.esdemga@uvigo.es. Tedes que adxuntar unha foto de cara e outra de corpo enteiro.

Os selecionados terán que vir as probas de vestuario un ou dous sábados antes do desfile e o propio dia de DEBUT. Este ano os modelos recibirán un pen con fotos do desfile tomadas por fotógrafos profesionais de prestixio.

 

FichaDebut13

Nova oferta formativa: Cursos de Formación e Especialista

17 Set

Este ano comezamos cunha nova oferta formativa

Cursos de Formación en:

Fotografía e Deseño Gráfico de moda
Estampación textil
Taller de Deseño profesional

Especialista Universitario en Deseño de Moda

Toda a información a podedes encontrar en https://bubela.uvigo.es

Páginas desdeofertaformativa_esdemga2013_14-2

Segundo prazo preincripción e matrícula curso 2013/2014

9 Set

Datas de preinscripción e 2º plazo de matrícula

Xoves de Moda 2012

21 Xuñ

Tachy Mora, 12 de abril 

A xornalista especializada en deseño Tachy Mora, que colabora habitualmente con El País e coa revista Neo2, inaugurou o ciclo de charlas. A convidada presentou ao alumnado de ESDEMGA a súa última publicación, Artesanía Española de Vanguardia. Innovación y diseño en las industrias artesanas contemporáneas,que recolle 22 exemplos de negocios exitosos, dende pequenas estruturas integradas por un só artesán ata grandes empresas, seleccionados polo seu carácter innovador, pola súa interacción co mundo do deseño, pola calidade da súa proposta ou polo seu nivel de creatividade. Mora sinalou que este tipo de recompilacións poden achegarlle aos futuros profesionais do deseño e da moda referencias empresarias nas que inspirarse.

Image

Miriam Ponsa, 19 de Abril

A deseñadora catalá Miriam Ponsa compartiu co alumnado de ESDEMGA, a súa visión particular do sector. Esta deseñadora independente concibe a moda como unha continua experimentación, tanto na patronaxe como nos tecidos empregados, buscando inspiración nas técnicas artesanais e integrando o saber facer tradicional no deseño contemporáneo.

Image

Su turno, 16 de Abril

Javier Gutiérrez Bayo, o deseñador, que dirixe coa súa socia Julia Vergara o estudo creativo con marca propia Suturno, destacou que o futuro no mundo da moda pasa pola diferenciación, esta é a filosofía que o convidado defendeu na súa interveción, pois o seu estudo está especializado na ilustración e na estampación artesanal. O deseñador madrileño tamén fixo alusión ás vantaxes que achega a comunicación na rede. A venta online e a presenza en redes sociais servíronlles a Bayo e a Vergara para promocionar a súa filosofía de traballo, ademais de visualizar e proxectar a marca internacionalmente.

Image

Manuel Bolaño, 3 de maio

Manuel Bolaño, quen en 2007 abandonou o equipo de deseño de Mango para “aventurarse coa súa propia marca”, as súas propostas, no límite entre o deseño e a arte, “amosan o profundo coñecer que ten das técnicas artesanais de Galicia e que as pon ao día nos seus deseños”. Bolaño explicou a súa traxectoria como deseñador e amosoulles ós estudantes as posibilidades reais que teñen para incorporarse ó mundo profesional a través da creación da súa propia firma.

Image

María Almazán, 10 de maio

María Almazán, concienciada cos problemas sociais e medioambientais asociados á industria téxtil, compartiu co alumnado de ESDEMGA, o seu proxecto de moda alternativo ao sistema fast-fashion, cunha proposta lonxe do uso de produtos químicos, perigosos non só para o medio ambiente, senón tamén para a saúde.Almazán formulou unha saída alternativa ao modelo de negocio tradicional, apostando por unha forma de crear moda menos convencional, respectuosa co medio e cos axentes implicados, dende os produtores da materia prima ata os consumidores.

Image

We are knitters, 24 de maio

María José Marín, premio emprendedora do ano 2011 por We are knitters, compartiu a súa concepción de moda “faino ti mesmo”, explicando o seu proxecto empresarial de venta de kits con todo o necesario (agullas, patrón e tecido) para confeccionar pezas únicas de lá 100% natural cun toque artesanal e persoal. María José Marín plantexou a súa visión empresarial a través da diferenciación inspirada nas novas tendencias do feito a man.

Image

La casita de Wendy, 31 de maio

A Programación de Xoves de Moda chegou a súa fin coa clausura da man do deseñador Iván Martínez, un dos pais da firma española La Casita de Wendy. O alumnado de ESDEMGA, viviu de primeira man as experiencias dun profesional “que apostou por un soño” ao decidir adicarse completamente á confección de roupa que se afasta dos tópicos e que aposta claramente polo forte uso de cores, de formas e estampados orixinais dándolle especial importancia a todo o feito a man. Animou a todo o alumnado de ESDEMGA a emprender os seus propios proxectos persoais, “sen medo a fracasar e arriscándose por facer o que queres facer da túa vida profesional”.

ESDEMGA colabora coa firma DESIGUAL

20 Xuñ

O Proxecto Célula, é unha colaboración entre a marca barcelonesa Desigual e ESDEMGA co fin de achegar ao alumnado de primeiro curso á realidade do mercado da moda. O Proxecto Célula nace da man de Jose Castro, quen estableceu as bases da colaboración. 

A marca Desigual, representada no campus de Pontevedra por Irene de la Rosa, directora de produto e comunicación, e por Nínive Rodríguez, deseñadora senior de Desigual, tivo una primeira entrevista cos participantes do proxecto (estudiantes de 1º curso de ESDEMGA), e lles trasladaron o seu perfil ideal de deseñador: persoas creativas, positivas, innovadoras, frescas e que saiban traballar en equipo.

Image

Na canteira de ESDEMGA buscan talentos que sexan quen de fuxir do efémero, de crear algo novo e con estilo propio, cunha visión de moda diferente á de todo o mundo, única, pero que sexa comercializable. 

Xa está aberto o plazo de preinscrición

20 Xuñ


Xa está aberto o plazo de preinscrición para o vindeiro curso

Dende o 18 ao 29 de xuño

Máis información en http://esdemga.uvigo.es/

ESDEMGA no “Powerhouse Europe Connected”

20 Xuñ

13-20.05.2012 Wesserling, Francia

ESDEMGA foi invitada a participar en “Powerhouse Europe Connected”. Tras permanecer no pobo francés de Wesserling formando parte dun encontro multicultural con estudantes doutras 10 escolas de deseño europeas, o alumnado asistente fixo un balance moi positivo da estancia que lles serviu para establecer contactos internacionais válidos para toda a vida profesional.

Esta iniciativa europea, na que ESDEMGA era a única representante española, facilitou que a escola dese pasos a favor da ampliación das súas miras internacionais, establecendo comunicacións e nexos con centros de longa tradición na formación en moda e deseño. A pesar dos diferentes perfís das titulacións participantes de Brasil, Hungría, Francia, Finlandia, Estonia, Eslovaquia, Polonia, Alemaña ou Turquía, unhas especializadas no deseño téxtil e outras máis focalizadas na moda, o entendemento foi perfecto, establecéndose intereses reais de colaboración coa titulación. 

Raquel Álvarez, Alicia Rea, Elena Rial, Laura Garre e Jairo Rodríguez, foron os cinco estudantes seleccionados por Esdemga para viaxar a Wesserling, xunto coa directora da titulación Lola Dopico. Cada un deles formou parte dun grupo multicultural que levou á práctica cadansúa proposta de instalación téxtil para a PowerHouse, a nave antigamente dedicada a surtir de enerxía ao polígono industrial do pobo francés. Guiados por un titor, deseñaron durante cinco días a proposta que logo foi presentada publicamente ante os medios de comunicación e profesionais do lugar.

Este proxecto europeo estivo liderado por Rooms for free association, o mesmo organismo que convidou en anteriores ocasións a ESDEMGA a participar na feira europea Heimtextil de Frankfurt. Desta volta a asociación, en colaboración cunha agrupación de empresas do sector téxtil francés, organizou este intercambio no pobo de Wesserling, unha pequena vila no noroeste francés cunha enorme tradición téxtil que reconverteu o seu antigo polígono industrial en espazo para exposicións e organización de eventos.

Ademáis dos contatos realizados coas diferentes institucións universitárias participantes no encontro, das que se está a estudiar a realización de diferentes convênios de intercambio, a organización propuxo a participación dos estudantes de ESDEMGA no certame Create your own contest, unha competición on-line de deseño dixital.